Historia de Shanghai
As orixes da historia urbana de Shanghai son tardías e humildes para se tratar dunha cidade chinesa: durante a dinastía Song, no século XI, aparece coma unha pequena e illada aldea de pescadores. A súa situación no medio do delta do río Yangtzé provocou o atraso. Localización que, paradoxalmente, co tempo vai resultar privilexiada e motivo da súa ascensión ata se converter nunha das maiores metrópoles do planeta.
No ano 1553 (dinastía Ming), a entón pequena cidade rodéase dunha muralla para se defender dos piratas xaponeses que de cando en vez a atacan [1]. Era naqueles tempos un porto de cabotaxe máis, a beira dun brazo do delta, o río Huangpu, preto da costa do Mar do Leste da China. A estrutura urbana é a tradicional malla ortogonal do urbanismo chinés aínda que a muralla que a rodea sexa circular.
Ata o século XIX, a cidade prospera co algodón que cultívase nos seus arredores. Fóa de murallas só crecen os arrabaldes portuarios cara ao río.
No 1842 vaise producilo acontecemento decisivo da historia de Shanghai: coa sinatura do Tratado de Nanjing que pon fin as guerras do opio, China debese abrir ao comercio exterior e facilitar o asentamento das potencias coloniais en cinco portos. O máis preeminente pola súa excepcional posición vai ser o de Shanghai. A primeira concesión, a británica, vaise desenvolver ao norte da cidade amurallada chinesa ata o río Wusong, pequeno tributario do Huangpu.[2]
Desta maneira orixinal, coma un agregado de cidades, configúrase a Shanghai cosmopolita de comezos do século XX: a concesión francesa, a americana, a xaponesa e alemá, a internacional en fin. Todas bordeando o Huangpu pola beira oeste, onde se constrúen os peiraos do activo porto e, dando servizo a todos eles e facendo de fachada da cidade, aparece a grande avenida coñecida coma o Bund.[3][4]
Xusto enfronte, na beira leste, unha zona de pendellos e fábricas, vaise producir o último acto do espectacular crecemento urbano de Shanghai. Como cidade abandeirada das transformacións da economía chinesa ao capitalismo, o distrito de Pudong estase a converter nestes últimos vinte anos nunha visión do futuro [5]. Rañaceos, aeroporto, o tren mais rápido do mundo, de levitación magnética (maglev) e a exposición universal do 2010 [6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mapa". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2005. Consultado o 29 de setembro de 2005.
- ↑ "Mapa". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 23 de outubro de 2007.
- ↑ "Foto". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2009.
- ↑ Artigo en inglés
- ↑ "Foto". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2005. Consultado o 02 de outubro de 2005.
- ↑ Mapa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia de Shanghai |