Histoire naturelle des poissons
A Histoire naturelle des poissons (Historia natural dos peixes) é unha monumental obra en 22 volumes publicada entre 1828 e 1849 por Georges Cuvier (1769-1832) e o seu alumno e futuro sucesor Achille Valenciennes (1794-1865).
Georges Cuvier estaba interesaado na consolidación do saber ictiolóxico. Fixo entón unha síntese de todas as informacións da disciplina da súa época. O manuscrito relaciona 4 514 especies de peixes, delas 2 311 novas, o que o fai aínda hoxe un dos tratados de ictioloxía máis ambicioso. A maioría das especies descritas foron feitas despois da morte de Cuvier, por Valenciennes.
Esta obra responde non só aos rescursos dispoñíbeis no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, que Cuvier dirixía, senón tamén dunha inmensa rede de correspondentes a través de todo o mundo que lle permitiron obter espécimes e de recoller observacións. Un gran número de viaxeiros e de misións de exploracións científicas permitiron arrequecer as coleccións.
As descricións son frecuentemente xustas e bien conducidas, o mesmo que as ilustracións. Ás veces a diagnose de certas especies responde a individuos mal conservados ou dun só sexo. A pesar destes defectos, o traballo converteuse na obra de referencia para numerosas xeracións de ictiólogos.
Auguste Duméril (1812-1870) completou a obra de Cuvier publicando unha Histoire naturelle des poissons en dez volumes que apareceron entre 1865 e 1870. Duméril describe nela especialmente as especies non tratadas por Cuvier e Valenciennes, como os tiburóns.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Histoire naturelle des poissons |