Hipertimesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hipertimesia, tamén chamada hipermnesia ou síndrome hipermnésica, é unha condición da memoria, consistente no aumento da función de evocación, sen que se observe unha hiperfunción en canto á capacidade de almacenamento.[1] As persoas afectadas por esta síndrome posúen unha memoria autobiográfica superior, ou sexa que poden lembrar até o máis mínimo detalle.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo "hipertimesia deriva do grego hiper = 'exceso' e "timesia" = thymesis (θύμησις) 'lembrar'.[3] Como se describiu por primeira vez en 2006 nun artigo de Neurocase titulado "Un caso infrecuente do recordo autobiográfico", as dúas características definitorias de hipertimesia son:

  1. A persoa emprega unha cantidade anormalmente grande de tempo en pensar sobre o seu pasado persoal.
  2. A persoa ten unha extraordinaria capacidade para lembrar eventos específicos do pasado en xeral, e persoal.[4]

Capacidades[editar | editar a fonte]

Os individuos de hipertimesia poden lembrar os acontecementos que experimentaron persoalmente. A unha persoa hipertimésica pódeselle indicar unha data e esta describirá os feitos ocorridos ese día, mesmo o clima e ​​moitos detalles aparentemente triviais que a maioría da xente non sería quen de lembrar. Poden lembrar en que día da semana caeu cada data, pero non son necesariamente calculadoras de calendario como as persoas con autismo ou síndrome de savant; os seus recordos limítanse ós días nun calendario «mental persoal». A asociación mental prodúcese de maneira automática e de forma obsesiva. Por outra banda, a hipnose parece poder provocar nalgunhas persoas unha hipermnesia transitoria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Capponi M., Ricardo.
  2. "Total Recall, Totally Overwhelming, Netcetera March 16, 2009". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 27 de abril de 2017. 
  3. hiper, definición en el DRAE
  4. Parker ES, Cahill L, McGaugh JL. "A case of unusual autobiographical remembering" (1). PMID 16517514. doi:10.1080/13554790500473680.