Hipólito Reguenga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hipólito Reguenga Borrajo»)
Hipólito Reguenga
Nacemento1888
Lugar de nacementoVigo
Falecemento6 de novembro de 1956
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, empresario e político
editar datos en Wikidata ]

Hipólito Reguenga Borrajo, nado en Vigo en 1889 e finado na mesma cidade o 6 de novembro de 1956, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico Isidoro Reguenga Sancho. En 1906 foi un dos fundadores do club de fútbol Infantil presidido por Nicolás de las Llanderas e do que Hipólito foi vogal. Foi fundador do Club Machada, do que foi elixido presidente en 1914.[1] Foi director da revista humorística Machada que editou o Club Machada en 1914. Despois colaborou en La Noche. Foi inspector de emigración e participou en varias empresas como Vidriera Gallega e Constructora Urbana que edificou a Barriada-Jardín no Castro. Foi elixido concelleiro de Vigo pola coalición monárquica o 11 de novembro de 1917.[2] Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi designado concelleiro de Vigo en novembro de 1929,[3] e novamente en maio de 1930.[4] No franquismo foi nomeado polo gobernador civil comisario-interventor para a prestación persoal a favor do Estado para a reconstrución nacional en agosto de 1939.[5] Presentouse ás eleccións municipais de Vigo de 1948 encabezando unha "Candidatura Agraria Independiente, formada por vigueses que no representan a ninguna entidad",[6] pero non foi elixido.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou Vigo con Josefina Monteiro Fernández en marzo de 1918,[7] e foi pai de José María e Isidoro Reguenga Monteiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Galicia, 31-12-1913, p. 2.
  2. "Reguenga, creador del Club Machada e impulsor del Castro", La Voz de Galicia, Vigo, 29-9-1994, p. 42.
  3. El Pueblo Gallego, 20-11-1929, p. 8.
  4. El Pueblo Gallego, 3-5-1930, p. 3.
  5. El Correo Gallego, 3-8-1939, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 20-11-1948, p. 11.
  7. Galicia Nueva, 8-3-1918, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 114. VG 955-2010.