Lupang Hinirang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Himno nacional de Filipinas»)
Lupang Hinirang
Patria Adorada
Himno de Filipinas
LetraJosé Palma
1899
MúsicaJulián Felipe
1898
Adoptado1898 (Versión orixinal)
1963 (Versión actual)
Mostra da música
noicon

O Lupang Hinirang (Patria Adorada) é o himno nacional de Filipinas.

Contexto[editar | editar a fonte]

Foi creado como unha marcha instrumental, encargada por Emilio Aguinaldo, primeiro Presidente de Filipinas, a Julián Felipe para a proclamación da independencia filipina, o 12 de xuño de 1898.

Historia[editar | editar a fonte]

O título orixinal en español foi Marcha Filipina Magdalo. Este cambiouse máis adiante a Marcha Nacional Filipina, no momento da súa adopción como Himno Nacional.

En agosto de 1899, o poeta e novo soldado José Palma escribiu un poema en español que se converteu na letra orixinal deste himno nacional. En 1938, o senador Camilo Osías e a estadounidense Mary A. Lane, traduciron a letra ao inglés, adoptándose esta versión como a oficial, baixo o nome de The Philippine Hymn.

Finalmente, durante a administración do presidente Ramón Magsaysay, o himno nacional foi traducido por Julián Cruz Balmaceda e Ildefonso Santos á súa lingua materna, o tagalo. Desde o 26 de maio de 1956 o himno nacional de Filipinas, Lupang Hinirang, cántase oficialmente en tagalo. Tras outras revisións de menor importancia, feitas en 1966, esta é a versión final que está en uso actualmente.

O Acto Republicano N.º 8491 prohibe que o himno nacional se interprete noutro idioma que non sexa o tagalo.[1] Con todo, resístese a lei polos que falen outros idiomas filipinos.[1][2][3][4][5]

Letra[editar | editar a fonte]

A letra do himno, en castelán, inglés e filipino tiveron status oficial ao longo da historia de Filipinas. Porén, na actualidade tan só a versión en filipino está recoñecida por lei. En 1998 publicouse a lei segundo a cal "o himno nacional debe ser interpretado sempre na lingua nacional dentro ou fora do país; a violación desta lei e sancionable cunha multa e pena de cárcere".[6]

Versión orixinal en castelán
Marcha Nacional Filipina (1899)
[7][8]
escrita por Jose Palma
Versión oficial durante a mancomunidade cos Estados Unidos
Versión en inglés
The Philippine Hymn (1938)
[9]
traducida por Camilo Osias
Versión oficial en filipino
Lupang Hinirang
(1958, rev. 1963)
[10]
traducido por Felipe Padilla de Leon

Tierra adorada
Hija del sol de Oriente,
Su fuego ardiente
En ti latiendo está.

¡Tierra de amores!
Del heroísmo cuna,
Los invasores
No te hollarán jamás.

En tu azul cielo, en tus auras,
En tus montes y en tu mar
Esplende y late el poema
De tu amada libertad.

Tu pabellón, que en las lides
La victoria iluminó,
No verá nunca apagados
Sus estrellas ni su sol.

Tierra de dichas, del sol y amores,
En tu regazo dulce es vivir.
Es una gloria para tus hijos,
Cuando te ofenden, por ti morir.

Land of the morning
Child of the sun returning
With fervor burning
Thee do our souls adore.

Land dear and holy,
Cradle of noble heroes,
Ne’er shall invaders
Trample thy sacred shores.

Ever within thy skies and through thy clouds
And o'er thy hills and sea
Do we behold the radiance, feel the throb
Of glorious liberty

Thy banner dear to all our hearts
Its sun and stars alight,
Oh, never shall its shining fields
Be dimmed by tyrants might!

Beautiful land of love, o land of light,
In thine embrace 'tis rapture to lie
But it is glory ever, when thou art wronged
For us thy sons to suffer and die

Bayang magiliw,
Perlas ng Silanganan
Alab ng puso,
Sa Dibdib mo'y buhay.

Lupang Hinirang,
Duyan ka ng magiting,
Sa manlulupig,
Di ka pasisiil.

Sa dagat at bundok,
Sa simoy at sa langit mong bughaw,
May dilag ang tula,
At awit sa paglayang minamahal.

Ang kislap ng watawat mo'y
Tagumpay na nagniningning,
Ang bituin at araw niya,
Kailan pa ma'y di magdidilim,

Lupa ng araw, ng luwalhati't pagsinta,
Buhay ay langit sa piling mo,
Aming ligaya na 'pag may mang-aapi,
Ang mamatay nang dahil sa iyo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008. Consultado o 02 de abril de 2016. 
  2. "Flag and anthem - 6/08/07". Consultado o 2009. 
  3. "Arab News Newspaper: Our Languages and Our Songs in the Philippines : Manuel L. Quezon III: The Daily Dose". Consultado o 2009. 
  4. "Lobregat to Dalipe: ‘Learn chabacano’ - Daily Zamboanga Times". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 2009. 
  5. "Sun.Star Cebu - Ng: Cedf-it on the go". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2004. Consultado o 2009. 
  6. Kate McGeown (5 de outubro de 2010). "Philippines national anthem abuse subject to new law". BBC News. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  7. Palma, José (1912). Melancólicas: Coleccion de Poesías. Manila, Philippines: Liberería Manila Filatélica. 
  8. Contemporary restatements of and comments about the original text:
    ^ "The Making of Filipinas". The Philippines Centennial. msc.edu.ph. Consultado o 2008-11-12. 
    ^ "The Philippine National Anthem". Filipinas Heritage Library. filipinaslibrary.org.ph. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2018. Consultado o 2010-03-30. 
  9. "The Philippines Flag and the National Anthem". eSerbisyo. Government of the Republic of the Philippines. 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 2010-05-04. 
  10. "An Act prescribing the Code of the National Flag,Anthem, Motto, Coat-of-Arms and other heraldic items and devices of the Philippines". 12 de febreiro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]