Hilemorfismo
Aparencia
O hilemorfismo (do grego ὕλη ‘materia’, μορφή ‘forma’, e -ismo) é a teoría filosófica ideada por Aristóteles e seguida pola maioría dos escolásticos, segundo a cal todo corpo está constituído por dous principios esenciais, que son a materia e a forma. Como calquera obxecto material ten unha forma, a materia prima é o substrato básico de toda a realidade. No mundo material, a materia non pode darse sen forma e a forma non pode darse sen materia. Mentres que a materia pura non ten máis que unha existencia teórica, a forma pura existe realmente: é a divindade, o primeiro motor inmóbil.
Materia: Aquilo do que a cousa está feita. Ex: Cadeira de madeira---> a madeira é a materia.
Forma: O que fai que unha cousa sexa o que é. Ex: O que fai que a cadeira sexa cadeira e non mesa.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- J. Cruz Cruz, Hilemorfismo[1][1]
- Educalingo, dicionario etimológico en liña
- Aristóteles Arquivado 10 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. no Portal Galego de Filosofía da Aula Castelao