El Hermandino
Aparencia
(Redirección desde «Hermandino»)
El Hermandino | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Mondoñedo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Hermandino foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1882 e 1886.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico bisemanal, apareceu o 6 de xullo de 1882. Publicábase os mércores e sábados. A partir do número 140 do 2 de febreiro de 1884 cambiou o subtítulo por Periódico bisemanal de intereses generales y noticias. Dirixido por Pedro Rodríguez Gómez, editábase na imprenta de Hermenegildo Mancebo. De tendencia liberal, publicaba como suplemento unha Hoja literaria quincenal na que colaboraron Manuel Amor Meilán e Pedro Rodríguez Gómez. Aínda se publicaba en novembro de 1886.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Galicia, 22-11-1886, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Hermandino". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Hermandino, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.