Herbens Consort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herbens Consort

Herbens Consort é un grupo musical galego especializado no repertorio barroco e que utiliza instrumentos orixinais.

Orixes[editar | editar a fonte]

Constituíuse no verán de 2013 por iniciativa de Carlos García Amigo, Diego Rojo e Eliseu Mera coa finalidade de participar no festival de música As notas do pemento de Herbón[1], certame de que se converteu no seu grupo residente. De facto, toma o nome Herbens por ser a forma latina deste lugar padronés, en canto "Consort" fai referencia a un tipo de agrupación de intrumentos por familia característica dos séculos XVI e XVII. A súa vestimenta consiste nun fato negro con gravata verde, en homenaxe ao pemento de Herbón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alén de en eventos como As notas do pemento, participou en festivais como Espazos Sonoros[2], Música no Claustro[3] ou o Mercado da Estrela. Foi o primeiro grupo de música clásica en dar un concerto no pub compostelán A Casa das Crechas[4].

As súas interpretacións ao vivo caracterízanse polo seu carácter didáctico e pola procura de interacción co público. O repertorio do Herbens Consort céntrase en autores barrocos como Claudio Monteverdi, Georg Ph. Telemann, Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel sen renunciar a creacións de épocas previas.

Membros[editar | editar a fonte]

Os seus membros estábeis son os cantores Indra Sesti, José Antonio Campo (tenor) e Eliseu Mera (barítono) xunto cos instrumentistas Carlos García Amigo (violoncello, viola da gamba e director), Diego Rojo (laúde, arquilaúde e guitarra barroca), Felipe Rodríguez (frauta) e Beatriz Junco (violín). Teñen colaborado tamén outros músicos como Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Alfonso Morán (violone) ou Jesús Rodil (cravo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Confidencial, Galicia. "Herbens Consort, a música que enche espacios centenarios". Galicia Confidencial. Consultado o 2017-12-27. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  3. http://www.musicanoclaustro.com/2014/07/concerto-herbens-consort.html
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]