Saltar ao contido

Haplogrupo do ADN mitocondrial humano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribción do haplogrupo do ADNmt humano, baseado en análises de 2054 individuos de 26 poboacións.[1] (a) Gráficos de sector circular no mapa. (b) Recontos de haplolgrupos en formato de táboa. Para detalles poboaconais ver 1000 Genomes Project#Mostras de xenoma humano.
Mapa do mundo das posibles migracións humanas, co polo norte no centro. África, onde empezou a migración, está arriba á esquerda e Suramérica é o que está máis á dereita. Os padróns de migración están baseados en estudos do ADN mitocondrial (matrilinear). As letras representan haplogrupos, mentres que as cores e cifras representan miles de anos antes de hoxe.
Ruta de migración suxerida da migración "Saída de África" ("Out of Africa") segundo o ADN mitocondrial.

En xenética humana, un haplogrupo do ADN mitocondrial humano é un haplogrupo definido por diferenzas no ADN mitocondrial humano. Os haplogrupos utilízanse para representar os principais puntos de ramificación da árbore filoxenética mitocondrial. O ADN mitocondrial hérdase esencialmente da nai. Comprender o camiño evolutivo da liñaxe feminina axudou aos xenetistas de poboacións a trazar a herdanza matrilineal dos humanos modernos ata os súas orixes en África e o seu subseguinte espallamento por todo o mundo.

Os nomes de letras dos haplogrupos (non só dos haplogrupos de ADN mitocondrial) van do A ao Z. Os haplogrupos foron nomeados por orde de descubrimento; a ordenación alfabética non ten, pois, ningún significado en canto ás verdadeiras relacións xenéticas.

A muller hipotética situada na raíz de todos estes grupos (significando só haplogrupos de ADN mitocondrial) é o antepasado común máis recente matrilineal de todos os humanos actualmente vivos. A esa muller dáselle xeralmente o nome de Eva mitocondrial.

A velocidade ou taxa á cal muta o ADN mitocondrial coñécese como reloxo molecular mitocondrial. É unha área na que hai varias investigacións en marcha e un dos estudos informa dunha taxa dunha mutación por cada 8000 anos.[2]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Filoxenia molecular.
Árbore do haplogrupo de ADNmt e mapa de distribución.[3] Os números son etiquetas dos haplogrupos, segundo a nomenclatura de http://www.phylotree.org/ ,[4] e dan a localización dunha das mutacións que levan ao haplotipo derivado. (Só se mostra un marcador que define unha soa rama, preferiblemente da rexión codificante.) As principais características xeográficas da distribución de haplogrupos están salientados con cor.

Esta árbore filoxenética está baseada en Van Oven (2009).[4]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
Mapa do mundo estimado das migracións humanas baseadas nos haplogrupos de ADNmt.
Haplogrupo tempo estimado de orixe (miles de anos)[5] posible sitio de orixe maiores frecuencias
L200
L1-6170Leste de África
L2-6150Leste de África
L0150Leste de África
L1140África Central
L3-6130
L5120
L290
L370Leste de África
N70Leste de África ou oeste de Asia
M60Leste de África, oeste de Asia ou sur de Asia
R60
U55Nordeste de África ou India (Sur de Asia)
RT'JT55Oriente Medio
JT50Oriente Medio
U850Oeste de Asia
R947
B444
F43
U4'942Asia central
U535Oeste de Asia
U635Norte de África
J35
X30
K30
U5a27
HV27Oriente Próximo
J1a27Oriente Próximo
T27Mesopotamia
K127
I26
J124Oriente Próximo
W20
U420Asia central
X220
H20Oeste de Asia
U5a118Europa
J1b11
V14
X2a13América do Norte
H112
H312
X110

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Un artigo de 2004 suxería que os haplogrupos máis comúns nas poboacións modernas europeas eran: H, J, K, N1, T, U4, U5, V, X e W.[6]

Haplogrupos africanos: L0, L1, L2, L3, L4, L5, L6, T, U5a

Haplogrupos australianos: M42a, M42c, M14, M15, Q, S, O, N, P. (Refs 1, 2, 3, 4, 5, 6)

Haplogrupos asiáticos: F, C, W, M, D, N, K, U, T, A, B, C, Z, U con moitas variantes numeradas en cada sección

  1. Rishishwar L, Jordan IK (2017). "Implications of human evolution and admixture for mitochondrial replacement therapy.". BMC Genomics 18 (1): 140. PMC 5299762. PMID 28178941. doi:10.1186/s12864-017-3539-3.
  2. Loogvali, Eva-Liis; Kivisild, Toomas; Margus, Tõnu; Villems, Richard (2009). O'Rourke, Dennis, ed. "Explaining the Imperfection of the Molecular Clock of Hominid Mitochondria". PLoS ONE 4 (12): e8260. PMC 2794369. PMID 20041137. doi:10.1371/journal.pone.0008260.
  3. Kivisild T (2015). "Maternal ancestry and population history from whole mitochondrial genomes.". Investig Genet 6: 3. PMC 4367903. PMID 25798216. doi:10.1186/s13323-015-0022-2.
  4. 1 2 van Oven M, Kayser M (February 2009). "Updated comprehensive phylogenetic tree of global human mitochondrial DNA variation". Human Mutation 30 (2): E386–94. PMID 18853457. doi:10.1002/humu.20921.
  5. "Correcting for Purifying Selection: An Improved Human Mitochondrial Molecular Clock Supplementary" (PDF). 2009: 82–83 [89]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
  6. Villems, Richard; Usanga, Esien; Mikerezi, Ilia; Gölge, Mukaddes; Claustres, Mireille; Michalodimitrakis, Emmanuel N.; Pappa, Kalliopi I.; Anagnou, Nicholas P.; Chaventré, André; Moisan, Jean-Paul; Richard, Christelle; Grechanina, Elena; Balanovska, Elena V.; Rudan, Pavao; Puzyrev, Valery; Stepanov, Vadim; Khusnutdinova, Elsa K.; Gusar, Vladislava; Balanovsky, Oleg P.; Peričić, Marijana; Barać, Lovorka; Golubenko, Maria; Lunkina, Arina; Laos, Sirle; Pennarun, Erwan; Parik, Jüri; Tolk, Helle-Viivi; Reidla, Maere; Tambets, Kristiina; Metspalu, Ene; Kivisild, Toomas; Derenko, Miroslava V.; Malyarchuk, Boris A.; Roostalu, Urmas; Loogväli, Eva-Liis (November 1, 2004). "Disuniting Uniformity: A Pied Cladistic Canvas of mtDNA Haplogroup H in Eurasia". Molecular Biology and Evolution 21 (11): 2012–2021. PMID 15254257. doi:10.1093/molbev/msh209 vía academic.oup.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Árbore filoxenética dos haplogrupos de ADN mitocondrial humano (ADNmt)

  Eva mitocondrial (L)    
L0 L1–6  
L1 L2   L3     L4 L5 L6
M N  
CZ D E G Q   O A S R   I W X Y
C Z B F R0   pre-JT   P   U
HV JT K
H V J T