Saltar ao contido

H-II Transfer Vehicle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HTV 1»)
O HTV 1 na Estación Espacial Internacional.

O H-II Transfer Vehicle (Vehículo de Transferencia H-II), máis coñecido polo seu acrónimo HTV e tamén como Kounotori, é unha nave xaponesa automática para enviar carga á Estación Espacial Internacional.[1][2][1]

Características

[editar | editar a fonte]

As HTV son naves non reutilizables para enviar carga á ISS e que son lanzadas mediante foguetes H-IIB. Unha vez cerca da ISS son capturadas mediante o seu brazo robótico e acopladas á estación xa que non dispoñen de medios de atraque propios. Están formadas por catro compoñentes principais:[1][2]

  • O módulo de propulsión, na parte posterior, formado polos motores principais para os cambios de órbita e polo sistema de control a reacción para o control de actitude da nave, así como os tanques de presurización e os de propelente. Os HTV 1, 2 e 4 usaron motores R-4D, mentres que os restantes usaban motores HBT-5.
  • O módulo de aviónica, instalado na parte central, coa electrónica necesaria para o control de guiado, enerxía e comunicacións.
  • Unha sección de transporte non presurizada para levar cargas expostas ao baleiro ata a ISS.
  • Unha sección de transporte presurizada para levar cargas que deben poder introducirse na ISS. A sección únese á estación mediante un mecanismo de acoplamento CBM ('Common berthing mechanism).

A enerxía para a nave a proporcionan células solares que cobren parte da superficie externa. A carga total que os HTV poden levar á ISS é de 6000 kg: ata 5200 kg na parte presurizada e ata 1500 na non presurizada, combinadas de tal xeito que non superen as 6 toneladas. Os HTV poden cargarse con desperdicios da estación para que se queimen na reentrada xunto co vehículo. O máximo tempo de voo en solitario para os HTV é dunhas 100 horas, mentres que poden permanecer acoplados á estación ata 30 días. Ao seu regreso quedan destruídos durante a reentrada atmosférica.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
HTV 1 10 de setembro de 2009 H-IIB Éxito
HTV 2 22 de xaneiro de 2011 H-IIB Éxito
HTV 3 21 de xullo de 2012 H-IIB Éxito
HTV 4 3 de agosto de 2013 H-IIB Éxito
HTV 5 19 de agosto de 2015 H-IIB Éxito
HTV 6 9 de decembro de 2016 H-IIB Éxito
HTV 7 22 de setembro de 2018 H-IIB Éxito
HTV 8 24 de setembro de 2019 H-IIB Éxito
HTV 9 20 de maio de 2020 H-IIB Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "HTV" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HTV 1, ..., 9 (Kounotori 1, ..., 9)" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]