Gustave (crocodilo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gustave é un gran crocodilo do Nilo macho de Burundi. É coñecido por ser un devorador de homes e crese que acabou con máis de 300 persoas ás beiras do río Ruzizi e das costas norte do lago Tanganyika. Malia que o número real de vítimas é difícil de verificar, ten un status mitificado e é moi temido polos habitantes da rexión.[1][2]

Gustave foi bautizado por Patrice Faye, un herpetoloxista que o estudou e investigou dende finais da década de 1990. Moita da información que se coñece sobre Gustave recolleuse no filme Capturing the Killer Croc, que se estreou no 2004 a través da PBS. O filme recolle un intento de captura e o estudo do animal.[1]

Na ficción[editar | editar a fonte]

Gustave é a base do filme Primeval (orixinalmente titulado Gustave), estrado no 2007 e protagonizado por Dominic Purcell, Orlando Jones, Brooke Langton e Jurgen Prochnow. Conta a historia dun equipo de xornalistas enviados a Burundi para capturar ó crocodilo xigante.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 PBS, ed. (12 de maio de 2004). "PBS Previews Newsletter: Capturing the Killer Croc". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2004. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  2. McRae, Michael (marzo de 2005). National Geographic Adventure, ed. "Gustave: Have You Seen This Crocodile?". 
  3. Bloody Disgusting, ed. (14 de xuño de 2006). "Gustave – Primeval". Consultado o 12 de decembro de 2010.