Guerreiro (clase de personaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Guerreiro é unha clase de personaxe común en moitos xogos de rol. Esta clase tamén é coñecida popularmente como "Loitador" en Dungeons & Dragons.[1] ou tamén como "Cabaleiro" ou "Matón", aínda que nalgúns xogos "cabaleiro" é unha clase separada cun aspector máis defensivo ou de apoio. As habilidades do personaxe do "guerreiro" céntranse na súa forza e na loita físico cunha ampla variedade de armas de combate, e a habilidade de sobrevivir na súa función como protector do grupo, xeralmente a costa de axilidade ou alcance. Ademais, potencialmente pode utilizar as armadura ou armas máis poderosas do xogo. Como tal, un guerreiro é un combatente físico completo, pero por mor da dependencia de armaduras pesadas e armamento custoso, o custo de administrar o equipo do guerreiro é polo xeral moi alto. Nalgúns xogos, o guerreiro pode aprender maxia a nivel básico, mais as súas capacidades neste eido son algo limitadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Countdown to 3rd Edition: Feats and Fighters" in Dragon #270

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Countdown to 3rd Edition: Feats and Fighters". Dragon #270 (Wizards of the Coast) XXIV (11): 30–31. abril de 2000. ISSN 1062-2101.