Saltar ao contido

Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero é unha colección de once guías de diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats[1][2] e trasladada a lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela e Oficina para a igualdade de Xénero da UDC).[3][4][5]

A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas,[6] está formada polas seguintes guías:

  • Ciencias da Computación[3]
  • Dereito e Criminoloxía[5]
  • Educación e Pedagoxía[3]
  • Filoloxía e Lingüística[3]
  • Historia da Arte[5]
  • Socioloxía, Economía e Ciencia Política[5]

Con esta colección preténdese proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.[4][5]

  1. "Guías para una docencia universitaria con perspectiva de género". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-01-18. Consultado o 2020-12-26.
  2. Rodríguez-Jaume, María-José; Iglesias, Encina Calvo (2019). "Guías para una docencia con perspectiva de género". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 297-302 (Universidade de Santiago de Compostela): 297–302. ISBN 978-84-9749-758-9.
  3. 1 2 3 4 "Guías para una docencia universitaria con perspectiva de género". ruc.udc.es. Consultado o 2020-12-26.
  4. 1 2 3 4 5 6 "Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero". www.usc.gal. Consultado o 2020-12-26.
  5. 1 2 3 4 5 6 "Docencia e formación con perspectiva de xénero". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-12-26.
  6. "Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-12-26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]