Gregorio Hernández Matías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGregorio Hernández Matías

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Belorado Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Tui Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gregorio Hernández Matías, coñecido como Gregorio H. Matías, nado en Belorado, foi un avogado, político, xornalista e escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procurador dos tribunais. Instalado en Salamanca, colaborou en El Fomento de Salamanca e El Charro, foi redactor de El Castellano e dirixiu a revista Salamanca Satírica; foi concelleiro republicano e logo alcalde da cidade (1905). Despois marchou a Béjar, onde estreou a revista Películas bejaranas en 1910,[1] e dirixiu El Noticiero (1912-1914).[2] Foi redactor de Diario de Burgos.[3] Trasladouse a Tui en xullo de 1929 por mor da enfermidade da súa muller,[4] e alí exerceu como procurador.[5] Colaborou en Faro de Vigo e dirixiu o semanario Hoy de Tui en 1935. No franquismo publicou algúns poemas e colaboracións en Martín Codax, El Adelanto de Salamanca.[6][7][8] Hoja Oficial del Lunes e El Pueblo Gallego.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Enriqueta Antón Martín, que finou en Tui en 1931.[10] O seu irmán Antonio Hernández Matías foi reitor do Seminario e director do Museo Diocesano e Catedralicio de Tui.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Defensor del Contribuyente, 15-9-1910, p. 13.
  2. La prensa pedágógica de Béjar (1874-1936)
  3. Diario de Burgos, 16-1-1926, p. 6.
  4. Diario de Burgos, 20-7-1929, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 13-11-1929, 8.
  6. "España", El Adelanto, 12-10-1940, p. 4.
  7. "Santa Teresa", El Adelanto, 15-10-1941, p. 5.
  8. "Nieve", El Adelanto, 18-2-1948, p. 4.
  9. El Pueblo Gallego, 25-6-1953, p. 6.
  10. El Pueblo Gallego, 17-3-1931, 8.
  11. Lembranza de D. Antonio Hernández Matias