Gregorio, Exarca
Aparencia
Gregorio foi un exarca de Rávena (664-677).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gregorio sucedeu a Teodoro I Calliopas como exarca. O seu reinado é coñecido principalmente polo seu apoio ao arcebispo de Rávena nas pelexas deste co papado sobre a independencia da súa sé. Tamén durante o seu goberno, o emperador bizantino Constante II invadiu a Italia meridional nun esforzo infrutuoso por destruír o poder dos longobardos. Sucedeuno en 677 Teodoro II.
Exarcado de Rávena | ||
---|---|---|
Segue a: Teodoro I |
Gregorio, Exarca | Precede a: Teodoro II |