Gran Concepción
O Gran Concepción (antes chamábase en castelán Intercomuna Concepción-Talcahuano),[1] é a segunda aglomeración urbana máis poboada en Chile e atópase na zona centro sur do mesmo país, composta polas súas 10 comunas: Concepción, Coronel, Chiguayante, Hualpén, Hualqui, Lota, Penco, San Pedro de la Paz, Talcahuano e Tomé,[2][3]. todas elas situadas na provincia de Concepción, Rexión de Biobío, sendo en ocasións ademais considerada a comuna de Santa Juana.[4]
O concepto, cuxo nome debese á cidade de Concepción, a capital provincial e sede do Goberno Rexional do Biobío arredor da que se sitúan o resto das comunas, é utilizado polos organismos gobernamentais, os medios de comunicación e a poboación en xeral, estando regulado polo Plano Regulador Metropolitano (PRMC) cuxa última versión foi do ano 2002.[5]
Concretamente encóntrase orientada en torno á baía de Concepción, a desembocadura do río Biobío e as proximidades. Segundo o último censo, realizado no ano 2002, a poboación da cidade alcanzou os 871.258 habitantes, e segundo os resultados preliminares do censo realizado en 2012, a cifra incrementou ata 945.650 habitantes.[6] localizados sobre unha extensión de 221,15 km².[7] Na actualidade, o Gran Concepción alberga ao 5,7% da poboación chilena.[8]
Conta cos portos de Coronel, Lirquén, Talcahuano e San Vicente, o Aeroporto Internacional Carriel Sur e catro accesos ata a ruta 5 Panamericana. O núcleo desta cidade é a comuna de Concepción, denominase usualmente «Concepción Centro».
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saldías Seguel, Nelson (2003). «Micro análisis del transporte colectivo urbano en el Gran Concepción». Revista Ingeniería Industrial (1, año 2): pp. 91-98.(en castelán)
- ↑ Sistema integrado de atención al ciudadano, SEREMI VIII Región Hernández Aguayo, Miguel Ángel.(en castelán)Consultado o 5 de febreiro de 2014
- ↑ Cámara de la Producción y del Comercio de Concepción. «Contaminación del aire de Concepción: Bajo nueva norma, es ahora saturación Arquivado 23 de maio de 2013 en Wayback Machine.». (en castelán) Consultado o 5 de febreiro de 2014
- ↑ Rojas Quezada, Carolina; Muñiz Olivera, Iván; García-López, Miguel Ángel (2009). «Estructura urbana y policentrismo en el Área Metropolitana de Concepción». EURE (Santiago de Chile) 35 (105): pp. 47-70. doi:10.4067/S0250-71612009000200003. ISSN 0250-7161. (en castelán) Consultado o 5 de febreiro de 2014.
- ↑ Plan Regulador Metropolitano de Concepción: Ordenanza Arquivado 27 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Departamento de Desarrollo Urbano e Infraestructura, SEREMI de Vivienda y Urbanismo, Región del Biobío (outubro de 2002) (en castelán) Consultado o 5 de febreiro de 2014.
- ↑ censo.cl Resultados Preliminares del Censo 2012 (en castelán) Consultado o 5 de febreiro de 2014
- ↑ Datos de la Ciudad de Concepción Metropolitano Arquivado 18 de novembro de 2009 en Wayback Machine., Observatorio Urbano, (en castelán) Consultado o 5 de febreiro de 2014
- ↑ censo.cl Resultados Preliminares del Censo 2012 (en castelán) Consultado o 5 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Concepción |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gran Concepción por Nicolás Tugas Arquivado 16 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en varias linguas).
- Infome del INE, Chile: Ciudades, Pueblos, Aldeas y Caseríos. 2005 (PDF & ZIP) (en castelán).
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |