Golden Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Golden Cup é unha competición internacional de hóckey a patíns de carácter amigable organizada polo Blanes Hoquei Club que conta co recoñecemento do Comité International de Rink Hockey (CIRH). Este recoñecemento como competición internacional por parte do CIRH implica que o seu regulamento segue os canons oficiais internacionais. Neste torneo participan algunhas das principais seleccións internacionais ademais do club organizador. A competición foi creada no 2004, disputándose ininterrompidamente dende aquela. Nalgunhas edicións adoptou o nome de Grup Tarradellas Cup ou Tarradellas Cup.

Historial[editar | editar a fonte]

Categoría masculina[editar | editar a fonte]

Edición Ano Denominación Campión 2º clasificado 3º clasificado
I 2004 Golden Cup Cataluña Cataluña Blanes HC Francia
II 2005 Grup Tarradellas Cup Cataluña Cataluña Blanes HC Arxentina
III 2006 Grup Tarradellas Cup Blanes HC Italia Italia Cataluña Cataluña
IV 2007 Grup Tarradellas Cup Blanes HC World Protex Cataluña Cataluña
V 2008 Blanes Golden Cup Cataluña Cataluña Blanes HC Italia Italia
VI 2009 Blanes Golden Cup Cataluña Cataluña Italia Italia Blanes HC

Categoría feminina[editar | editar a fonte]

Edición Ano Denominación Campión 2º clasificado 3º clasificado
I 2006 Grup Tarradellas Cup Cataluña Cataluña Alemaña Alemaña Chile
II 2007 Grup Tarradellas Cup Cataluña Cataluña Francia Chile
III 2009 Blanes Golden Cup Cataluña Cataluña Francia Alemaña Alemaña

Palmarés[editar | editar a fonte]

Categoría masculina[editar | editar a fonte]

Equipo Campionatos gañados
Cataluña Cataluña 4 (2004, 2005, 2008, 2009)
Blanes HC 2 (2006, 2007)
Total 6

Categoría feminina[editar | editar a fonte]

Equipo Campionatos gañados
Cataluña Cataluña 3 (2006, 2007, 2009)
Total 3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]