Gold standard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En medicina e estatística, o termo gold standard (literalmente, estándar de ouro) ou proba de referencia emprégase para se referir á mellor proba de diagnóstico dispoñíbel en condicións razonábeis.[1] Non ten por que ser necesariamente a proba máis efectiva. Por exemplo, en medicina, unha autopsia pode ser a mellor proba para ter un diagnóstico exacto. Neste caso, a proba de referencia é menos precisa que a autopsia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Versi, E (xullo 1992). ""Gold standard" is an appropriate term.". BMJ. PMID 1515860.