Gokulanada Gitiswami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gokulanada Gitiswami
Gokulananda Gitiswami.jpg
Nacemento26 de novembro de 1886
 Bangladesh
Falecemento10 de xullo de 1962
 Tripura
Ocupaciónescritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Gokulananda Gitiswami, nado o 26 de novembro de 1896, en Madhabpur (actual Bangladesh) e finado en Tripura o 10 de xullo de 1962, foi un poeta indio en lingua bishnupriya manipuri.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gokuladanda recibiu unha educación formal só ata oitavo grao. Estudou por súa conta e chegou a establecer unha escola en 1925 en Tripura. Era un poeta popular que recitaba oralmente as súas composición e son poucas as que sobreviviron despois da súa morte. Pero o pobo fixo dalgúns dos seus versos refráns que recordan, e algúns dos seus poemas quedaron rexistrados. Xunto con Leikhomsena Singha, Madan Mohan Sharma e Amusena Sinha está considerado o pai da literatura en bishnupriya manipuri.[1] Gokulananda foi tamén un reformador social, percorreu toda a zona de fala bisnupriya proclamando as enfermidades da sociedade e os seus remedios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. B. D. Ray The Journal of the North-East India Council for Social Science Research, Volume 3, Issues 1-2, p. 10