Saltar ao contido

Goberno da Rexión de Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de San Esteban

O Consello de Goberno da Rexión de Murcia (Consejo de Gobierno de la Región de Murcia) é o órgano colexiado superior da Rexión de Murcia, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva. Está composto polo Presidente, o Vicepresidente (no seu caso) e os Conselleiros.

Conselleiros

[editar | editar a fonte]
. Cargo Nome
Presidente Ramón Luis Valcárcel Siso
Vicepresidente para Asuntos Económicos / Conselleiro de Economía e Facenda Juan Bernal Roldán
Conselleiro de Presidencia Manuel Campos Sánchez
Conselleiro de Agricultura e Auga Antonio Cerdá Cerdá
Conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio Antonio Sevilla Recio
Conselleiro de Cultura e Turismo Pedro Alberto Cruz Sánchez
Conselleira de Sanidade e Política Social María Ángeles Palacios Sánchez
Conselleiro de Universidades, Empresa e Investigación / Portavoz José Ballesta Germán
Conselleiro de Educación, Formación e Emprego Constantino Sotoca Carrascosa

Presidentes

[editar | editar a fonte]

O Presidente do Consello de Goberno da Rexión de Murcia é elixido polos deputados da Asemblea Rexional de Murcia e ten que ser un membro desta. Ademais de xefe do Consello de Goberno, é o representante da Rexión de Murcia e correspóndelle a convocatoria de eleccións nos termos previstos na Lei Reguladora do Réxime Electoral Xeral.

Antes da configuración do Goberno nos termos previstos no Estatuto de Autonomía, houbo dous Presidentes do Consello Rexional, como ente preautonómico:

Nome Inicio Fin Partido
1. Antonio Pérez Crespo 1978 1979 UCD
2. Andrés Hernández Ros 1979 1982 PSOE

A partir da aprobación do Estatuto de Autonomía (1982) a Rexión de Murcia tivo os seguintes Presidentes:

Nome Inicio Fin Partido
1. Andrés Hernández Ros 1979 1984 PSOE
2. Carlos Collado Mena 1984 1993 PSOE
3. María Antonia Martínez García 1993 1995 PSOE
4. Ramón Luis Valcárcel 1995 actualidade PP

A sede da Presidencia da Rexión de Murcia áchase no Palacio de San Esteban, en Murcia, en cuxas dependencias teñen lugar as reunións do Consello de Goberno.

A Asemblea Rexional, órgano lexislativo da Rexión de Murcia, atópase na cidade de Cartagena.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]