Goberno Xeral (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Denomínase Goberno Xeral (en castelán, Gobierno General) á institución creada por Francisco Franco mediante a lei de reestruturación do Estado Español, de 1 de outubro de 1936 (BOE do 2 de outubro), durante a Guerra Civil española:

Artículo tercero: Se crea el cargo de gobernador general, el cual tendrá por cometido la inspección de las provincias ocupadas, abastos, trabajo y beneficencia, en estrecha relación las autoridades de las mismas y con los departamentos correspondientes de la Junta Técnica del Estado.

Esta disposición foi completada cunhas "Instrucciones para el desenvolvimiento de los cometidos asignados", publicadas no BOE do 6 de outubro de 1936. Como tarefa política máis importante podería destacarse a coordinación dos gobernadores civís coas autoridades militares nas provincias ocupadas, é dicir, no territorio controlado polas forzas sublevadas contra o goberno da República española o 18 de xullo de 1936.

O Goberno Xeral tivo a súa sede en Valladolid. O primeiro gobernador xeral foi o xeneral Francisco Fermoso Blanco (6 de outubro de 1936), substituído polo xeneral Luis Valdés Cabanillas (5 de novembro de 1936) até a supresión do cargo por lei de 30 de xaneiro de 1938.