Gigio D'Ambrosio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1959 Emilia-Romaña Italia |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | Presentador |
Gigio D'Ambrosio, nado en Imperia o 28 de setembro de 1959, é un presentador italiano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]D'Ambrosio comezou a súa carreira na radio como actor de voz aos dezaseis anos.[2] Na radio italiana foi un dos primeiros en conducir un programa de formato internacional, e foi elixido para o ABC Watermark como a voz do programa italiano American Top 40,[2] lista de Billboard sobre os sinxelos máis vendidos nos Estados Unidos de América. Presenta o programa hai máis de 20 anos.
En 1982 no Canale 5[2] como director musical comezou unha colaboración que durará varios anos. En 1986 é o director de programación dun programa musical da RAI chamado Disco Ring.
En xullo de 2009 Gigio comeza a traballar na radio RTL 102.5[3] para a condución do programa Stop Noticias & W l'Italia. En febreiro, con Giorgia Surina pasa a dirixir os programas Non problem e W l'Italia, mentres en setembro do mesmo ano os fins de semana xuntamente con Alex Peroni realiza Music Drive e The Flight.
Actualmente presenta o programa La suite con Laura Ghislandi e sempre na radio RTL 102.5[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Palinsesto radio RTL Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. Rtl.it, 15 decembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gigio D'Ambrosio Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. toriaradiotv.it, 10 de xaneiro de 2015
- ↑ Presentadores clave de Radio RTL 102.5