Saltar ao contido

Giancarlo Ibargüen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiancarlo Ibargüen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Cidade de Guatemala Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Cidade de Guatemala Editar o valor en Wikidata
Causa da morteesclerose lateral amiotrófica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Texas A&M (pt) Traducir
Xavier Lyceum, Guatemala (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de

Giancarlo Ibargüen Segovia, nado en Cidade de Guatemala o 15 de outubro de 1963 e finado o 9 de marzo de 2016, foi un educador e empresario guatemalteco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi reitor da Universidade Francisco Marroquín entre 2003 e 2013, Secretario Xeral entre 1995 e 2003 e membro do Comité de Fiduciarios desde 1992.[1][2][3] Foi fundador e presidente de The Antiga Forum.[4]

Entre 2011 e 2013 Giancarlo Ibargüen foi Secretario Xeral da Xunta Directiva da Sociedade Mont Pelerin.[5] De 2008 a 2012 foi membro da Xunta Directiva da Philadelphia Society.[6][7] Foi membro do consello de Liberty Fund en Indianápolis desde 2007. De 2005 a 2006 foi vicepresidente da Association of Private Enterprise Education e o seu presidente entre 2006 e 2007. En 1991, foi un dos fundadores da Asociación polo Poder Local (APOLO). Foi presidente e membro do consello directivo do Centro de Estudos Económicos Sociais (CEES) desde 1990.

Contribuíu[8] á liberalización das telecomunicacións e á libre negociación de divisas en Guatemala. Recoñeceu oportunidades para as reformas no seu país e creou marcos para a competencia real; en 1995 elaborou a Lei Xeral de Telecomunicacións de Guatemala[9] o documento base que conformaría o Título IV, Espectro radioeléctrico, da Lei Xeral de Telecomunicacións[10]. Revolucionou a educación, promoveu a aprendizaxe colaborativa e a orde espontánea nas aulas e fóra delas.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • En novembro de 2009, o Acton Institute concedeulle o Guardian of Freedom Award para recoñecer o seu compromiso sobresaliente coa liberdade, en novembro de 2009.[11]
  • En xaneiro de 2011, recibiu o premio Juan de Mariana de parte do Instituto Juan de Mariana.[12]
  • En abril de 2013, recibiu un doutoramento honoris causa do Hillsdale College en abril de 2013.[13]
  • En agosto de 2013, o Banco Industrial fíxolle un recoñecemento no marco do seu programa cívico.[14]
  • En outubro de 2014 recibiu o premio Manuel F. Ayau no marco da Conferencia Latinoamericana de Estudantes pola Liberdade, por a súa vida dedicada incansablemente á causa da liberdade. [15]
  • En febreiro de 2016, Giancarlo Ibargüen recibiu o premio que leva o seu nome, de parte do Hispanic Center for Economic Research, en recoñecemento daquelas persoas que loitan pola liberdade ao longo dunha vida exemplar.
  1. "Fallece reconocido académico de la UFM". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. Hispanic American Center for Economic Research biography
  3. Cambio en la rectoría Universidad Francisco Marroquín
  4. The Antigua Forum-About
  5. Un liberal en acción.
  6. Giancarlo Ibargüen electo Secretario General de la Sociedad Mont Pelerin
  7. "The Philadelphia Society: Trustees". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  8. Contribucións
  9. "elaboración". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  10. "Lei Xeral de telecomunicacións de Guatemala". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  11. Acton entregó premio a rector Ibárgüen
  12. Rector Ibárgüen recibirá Premio Juan de Mariana
  13. Rector Ibárgüen recibió doctorado de Hillsdale
  14. Giancarlo Ibárgüen S. recibió homenaje del Banco Industrial
  15. Giancarlo Ibárgüen, unha vida pola liberdade