Germán Anllo Vázquez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xuño de 1925 Cospeito, España |
| Morte | 28 de outubro de 1993 |
| Premios | |
Germán Anllo Vázquez, nado en Cospeito o 11 de xuño de 1925 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1993, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid, foi funcionario do Corpo Técnico de Aduanas. Fundou a revista Aduanas con Jesús Polanco. Foi subdirector e director xeral de Aduanas (1973-1978). En 1978 foi nomeado Subdirector Xeral do Banco Exterior de España.