Gathering of Nations
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2013.) |
O Gathering of Nations (en galego "Reunión das Nacións") é un dos meirandes Pow wows dos Estados Unidos. É celebrado anualmente a cuarta fin de semana de abril na cidade de Albuquerque, Novo México. Cada ano reúne milleiros de persoas e na edición do ano 2017, congregou a máis de 72 000.[1] Arredor de 500 tribos dos Estados Unidos e do Canadá viaxan a Albuquerque para participar. Hai 32 categorías de baile, e varias categorías diferentes dependendo da idade: anciáns (70+), maiores (55+), adultos (19+), adolescentes e cativos. Tamén se celebran competicións de canto e de grupos de percusión con tambores. O certame da Miss Mundo India celébrase tamén aquí cada ano. A gañadora é elixida pola súa personalidade, o coñecemento das tradicións tribais, e a súa capacidade de baile. Tamén hai un mercado indio con artistas, artesáns e comerciantes.
Electric 49[editar | editar a fonte]
O Electric 49 era un concerto anual de música nativo americana que se facía na semana do Pow wow, pero xa non está asociado cos eventos oficiais do Gathering. O concerto foi organizado polo grupo Red Earth en 1998, e tivo oito edicións máis dende ese ano. Porén, dende 2006 xa non se celebra porque Red Earth permanece en hiato artístico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sapin, Rachel (17 de agosto de 2017). "Gathering of Nations announces 2018 dates". Albuquerque Business First. Consultado o 20 de marzo de 2018.