Garpun
Aparencia
Garpun (índice GRAU 14F136) é unha serie de satélites de comunicacións militares rusos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Garpun son a substitución dos satélites Potok (GRAU 11F663), lanzados entre os anos 1980 e 2000, para dar servizo ao Sistema de Mando e Comunicacións ruso. Foron desenvolvidos por ISS Reshetnev e aínda que as súas especificacións están clasificadas posiblemente usan o bus Ekspress 2000.[1][2]
Lanzáronse dous satélites Garpun, ambos mediante foguetes Proton M desde o cosmódromo de Baikonur:
- Garpun 11L (Kosmos 2473), lanzado o 20 de setembro de 2011.
- Garpun 12L (Kosmos 2513), lanzado o 13 de decembro de 2015.