Gantz: Perfect Answer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gantz: Perfect Answer
Ficha técnica
Título orixinalGantz: Perfect Answer
DirectorShinsuke Sato
GuiónYūsuke Watanabe
Baseado enGantz de Hiroya Oku
IntérpretesKazunari Ninomiya
Kenichi Matsuyama
Natsuna Watanabe
MúsicaKenji Kawai
FotografíaTaro Kawazu
MontaxeTsuyoshi Imai
DistribuidoraToho
Estrea23 de abril de 2011
Duración141 minutos
Orixe Xapón
XéneroCiencia ficción, terror e acción[1]
Filme anteriorGantz
Na rede
http://gantz-movie.com/perfect-answer
IMDB: tt1525836 Filmaffinity: 777549 Allocine: 200681 Rottentomatoes: m/gantz_perfect_answer_2011 Allmovie: v551667 TCM: 866634 Editar o valor em Wikidata

Gantz: Perfect Answer é un filme xaponés de ciencia ficción de 2011 dirixido por Shinsuke Sato. É a secuela do filme Gantz estreado en xaneiro dese mesmo ano, e ámbolos dous filme baséanse na obra de manga Gantz de Hiroya Oku. Está proagonizado por protagonizada por Kazunari Ninomiya no papel de Kei Kurono, Kenichi Matsuyama como Masaru Kato e Natsuna Watanabe como Kei Kishimoto.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Kei converteuse nun guerreiro para Gantz, que busca gañar 100 puntos. Kei pretende devolverlle a vida a Kato, que morreu no mundo de Gantz.[2] Traballa nun restaurante de comida rápida, mentres coida do irmán máis novo e orfo do seu amigo.[3] Entre misións, Kei vive a súa antiga vida e ten unha relación con Tae (Yuriko Yoshitaka), unha artista. Finalmente logra devolver a Masaru Kato á vida, mais Masaru volve como dúas persoas: unha boa e outra mala. Tamén hai unha investigadora, Shigeta (Takayuki Yamada), que intenta comprender a violencia relacionada con Gantz, e Eriko Ayukawa (Ayumi Ito), unha actriz que esperta cunha pequena bola de Gantz na súa cama.[2] Pronto, os alieníxenas comezan a tomar forma e atacan aos personaxes principais, mentres a bola de Gantz comeza a experimentar fallos.[4] A loita culmina nunha batalla a bordo dun metro con alieníxenas que cambian de forma.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lujano, Mona Rose. ""Gantz" a Japanese horror action landed on Hollywood". Entertainment Today. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "'Gantz: Perfect Answer' - The Japan Times". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2023. Consultado o 14 de xullo de 2023. 
  3. "SDCC 2011: 'GANTZ: Perfect Answer' Review". 
  4. "DVD Review: Gantz + Gantz Perfect Answer - Starburst Magazine". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]