Galicia (Armada Española)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia foi o nome utilizado por 7 buques da Armada Española:

  • O primeiro Galicia foi un navío de liña artillado con 70 canóns, botado en 1730. Foi capturado pola frota do almirante Vernon en Cartagena de Indias o 5 de abril de 1741 e afundido por estes mesmos o 20 de abril de 1741 tralo ataque de Vernon a Cartaxena de Indias.
  • O segundo Galicia foi un navío de liña artillado con 70 canóns, botado en 1750 e desguazado en Cádiz en 1797.
  • O terceiro Galicia foi un canoneiro torpedeiro que prestou servizo desde 1891 e pertencía a unha serie de 6 buques similares aprobados no programa naval de Rodríguez Arias. Participou na Guerra Hispano-Estadounidense, prestando servizo en La Habana. Trala contenda, foi vendido a Venezuela, onde prestou servizo co nome de ARV Bolívar.
  • O cuarto Galicia foi un remolcador, construído en N.V. van der Kuy & van der Ree´s Scheepsweft en Rotterdam co nome de Z.A.R.1. Ex Saint Clement inglés, foi adquirido o 18 de febreiro de 1922 por 9.000 libras esterlinas e recibiu o nome provisional de R-5, ata que eenomeouse Galicia. Estaba propulsado por máquina alternativa de tripla expansión e caldeira de carbón. Foi artillado durante a Guerra Civil Española, na que participou no bando sublevado, e no curso da cal tomou parte no afundimento do submarino B-6, acción pola que o seu comandante, Federico Sánchez-Barcáiztegui, recibiu a Cruz Laureada de San Fernando. Posteriormente, cambiou o seu nome polo numeral RR-11, e foi destinado en Ferrol ao tren naval. Foi dado de baixa en 1967.
  • O quinto Galicia foi un cruceiro lixeiro da clase Cervera, nomeado orixinalmente Príncipe Alfonso. Tras proclamarse a Segunda República Española en abril de 1931, foi renomeado Libertad, e con este nome participou na Guerra Civil Española no bando gobernamental. Tras finalizar a contenda, foi renomeado Galicia.
  • O sexto Galicia foi un buque de asalto anfibio tipo LSD, ex USS San Marco, botado e asignado en 1945 e cedido pola Armada dos Estados Unidos á Armada Española en 1971. Foi dado de baixa en 1987 e desguazado en 1989.
  • O sétimo Galicia é un buque de asalto anfibio tipo LPD, líder da súa clase, botado en 1997 e asignado en 1998, actualmente en servizo na Armada Española.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]