GTR foi un supergrupo inglés fundado en 1985 polo antigo guitarrista de Yes e Asia Steve Howe e polo antigo guitarrista de GenesisSteve Hackett. Aínda que os líderes do grupo eran coñecidos como músicos de rock progresivo, GTR chamou a atención das emisoras de radio de rock orientado a álbums (AOR). A banda durou pouco máis dun ano e publicou un único álbum de estudio. Hackett posteriormente criticou o proxecto, aínda que non necesariamente aos outros músicos implicados nel.
O nome da banda procede dunha abreviación de "guitar" usada nos estudios de gravación para etiquetar as pistas de guitarra.[1]