Fumarola
Aparencia
Coñécese po fumarola a mestura de gases e vapores que xorden polas fendas exteriores dun volcán, é dicir, por fóra do seu cráter, a temperaturas moi elevadas. Tamén se desprenden das coadas de lava. A súa composición varía segundo a temperatura a que son emitidas, de tal maneira que esta vai cambiando ao longo do "ciclo de vida" dunha fumarola. Distínguense catro grupos: secas, ácidas, alcalinas e frías.