Friedrich Wilhelm Cloos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Friedrich Wilhelm Cloos
 Imperio Alemán
Falecemento22 de setembro de 1949
 Monforte de Lemos
NacionalidadeImperio Alemán
Ocupaciónenxeñeiro
editar datos en Wikidata ]

Friedrich Wilhelm Cloos, coñecido como Guillermo Cloos, finado en Monforte de Lemos o 22 de setembro de 1949[1], foi un enxeñeiro alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixiu os traballos mineiros nos montes Silvarosa e Choupin (Viveiro) en 1899[2]. Enxeñeiro xefe da Compañía General Minera de Galicia que nos anos vinte puxo en marcha Minerales de Hierro de Galicia, empresa que explotaba ferro e wolframio para a sociedade SOFINDUS. Instalouse en Monforte de Lemos para ocuparse da xerencia das minas de Freixo, na parroquia de Marcelle e explotadas por Minerales de Hierro de Galicia. Entre 1924 e 1925 encargouse de poñer en funcionamento un funicular para o transporte do mineral desde a explotación á estación de ferrocarril de Canaval, desde onde o levaban ao cargadoiro de Rande. Casou en Monforte de Lemos, onde foi vicecónsul de Alemaña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]