Fregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fregat
FunciónEtapa final
fabricante
  • Lavochkin
país de orixeRusia[1]
Tamaño
Etapas
etapa – Frega[1]
altura1,50 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa baleiro1100 kg[1]
masa cheo6535 kg[1]
impulsado por1[1]
potencia máxima19,6 kN[1]
Impulso específico327 s (no baleiro)[1]
propelenteTetróxido de nitróxeno e UDMH[1]
Lanzamento históricos
editar datos en Wikidata ]


Fregat é o nome dun foguete espacial de Rusia en servizo desde 2000. Úsase como etapa final de varios modelos de foguetes, como o Soiuz U, Soiuz FG, Soiuz 2-1a, Soiuz 2-1b e Zenit 3F, para aumentar a capacidade e flexibilidade do lanzador. Fregat reutiliza varios sistemas e compoñentes usados noutras etapas para abaratar custos e acelerar o seu desenvolvemento. O foguete consiste en seis tanques esféricos (catro con propeplente e dous coa aviónica) dispostos en círculo. É independente do resto do foguete, contando co seu propio sistema de navegación, a súa aviónica e os seus sistemas de control, seguimento e telemetría. Como propelentes utiliza tetróxido de nitróxeno e UDMH e é capaz de 20 reacendidos.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Mark Wade (2020). "Fregat" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Fregat" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]