Saltar ao contido

Freaky Fortune

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFreaky Fortune

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Actividade
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica para bailar Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPanik Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
maio de 2014Festival de Eurovisión 2014 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpanikrecords.gr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5670144 Musicbrainz: 3598fcc4-b0ae-45a3-8940-ba49067db5a0 Discogs: 3477294 Editar o valor em Wikidata

Freaky Fortune é un dúo musical grego asociado coa música dance, electrónica e o rap. Foi fundado no ano 2011.

Os seus membros son o vocalista Nicolás Nick Raptakis (en grego Νικόλας Ραπτάκης, nado en Atenas o 30 de abril de 1990) e o produtor musical Theofilos Pouzbouris (en grego Θεόφιλος Πουζμπούρης, nado en Atenas o 9 de febreiro 1991).

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

Foron descubertos en Internet, tras participar cun cover na competición de covers Can You Sing?[1], de Perez Hilton. Interpretaron un cover da canción Part of Me de Katy Perry, co cal foron eloxiados posteriormente.

Despois da súa vitoria, lanzaron tres sinxelos: Our Destiny[2]Stronger[3] e All I need[4], cos que tiveron un grande éxito nas radios do seu país.

En 2014 convertéronse nos representantes de Grecia para o Festival de Eurovisión 2014 nunha colaboración co rapeiro Riskykidd coa canción Rise up[5].

Eurovisión 2014

[editar | editar a fonte]

Freaky Fortune participaron na preselección grega para o Festival de Eurovisión de 2014 chamada Eurosong 2014 – a MAD show (organizado por unha cadea privada) na que foron seleccionados coa canción Rise Up para representar a Grecia en Copenhaguen, sede do festival.

A canción, que é unha mestura de dance e rap conseguindo así un aire moi festivo, colocouse entre as primeiras nas casas de apostas ata o final do festival[6]. Participaron na 2ª semifinal de Eurovisión 2014 na cal quedaron 7º cun total de 74 puntos clasificándose así para a Gran Final do 10 de maio na cal actuaron na posición número 10 e quedando finalmente na 20º posición cun total de 35 puntos, non cumprindo así as expectativas que anunciaban as casas de apostas.

Actuación de Freaky Fortune xunto con Riskykidd en Eurovisión 2014