Frauenliebe und -leben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert e Clara Schumann

O ciclo[editar | editar a fonte]

O ciclo de lieder Frauen Liebe und Leben (Amor e vida de muller) 1840 foi composto por Robert Schumann en base ao ciclo de poemas do mesmo nome do ano 1830 do poeta romántico Adalbert Von Chamisso.

Temática[editar | editar a fonte]

Relata, dende o punto de vista romántico e no contexto do papel da muller no século XIX, a historia de amor dunha muller polo seu esposo. A través de oito poemas para voz de soprano con acompañamento de piano, conta os seus máis profundos sentimentos de amor e devoción cara a él, dende o primeiro encontro ata a morte do mesmo. Ao longo do ciclo vaise apreciando o cambio na psicoloxía da muller, dende os seus anos de adolescente namorada, pasando pola madurez, o embarazo, a maternidade e o afrontamento da dureza da morte onde chega a tomar conciencia da súa propia individualidade feminina. Fai un relato minucioso da función e a situación da muller na sociedade burguesa do S. XIX en Alemaña e en Europa en xeral. Resulta casi imposible non facer referencia á propia muller de Schumann, Clara Wieck, máis coñecida como Clara Schumann gran pianista e compositora de calidade que deixou unha interesante relación de obras (para piano, música de cámara, lieder...) os cales quedaron no esquecemento. A propia Clara, en cartas persoais á súa familia, fala da inutilidade da súa ilusión xuvenil como compositora.

Títulos[editar | editar a fonte]

Seit ich ihn geseheh (Dende que o vin)

Er, der herrlichste von allen (Él, o máis noble de todos)

Ich kann´s nicht fassen, nicht glauben (Non podo entendelo nin creelo)

Du, ring an meinem finger ( Ti, anel do meu dedo)

Helft mir, ihr schwestern (Axudádeme irmás)

Suser Freund, du blickkest mich verwundert an (A túa mirada doce amigo)

An mainem herzen, an mainer brust (No meu corazón, no meu peito)

Nun hast du mir den ersten schmerz getan (Agora cáusasme a primeira dor)