Saltar ao contido

Francisco Varela Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Varela Ouro
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Antas de Ulla, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Antas de Ulla, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Antonio Varela Casal Editar o valor en Wikidata

Francisco Javier Varela Ouro, nado en Antas de Ulla o 24 de setembro de 1891 e finado no mesmo concello o 6 de febreiro de 1955, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudo no Seminario de Lugo. Fíxose mestre na escola Normal de Pontevedra. Foi mestre de Moreda (Monforte de Lemos) e dende 1929 de Antas de Ulla. Colaborou en Ilustración Gallega e foi colaborador habitual de La Voz de la Verdad. Finou en Antas de Ulla o 6 de febreiro de 1955.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Pías con María Aurea Casal Fernández o 5 de agosto de 1918,[2] e foi pai de Francisco Javier, María Raquel, María Esther, José Antonio, María Olga e Aurea María Jesús Varela Casal.

  1. El Progreso, 8-2-1955, p. 5.
  2. El Tea, 23-8-1918, p. 2.