Saltar ao contido

Francisco Vázquez Ramudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Vázquez Ramudo
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Viveiro
1957 – 1963
← Alberto Michelena Rebellón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLuz Pozo Garza (1944–década de 1980), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosGonzalo, Mónica e Luz Vázquez Pozo Editar o valor en Wikidata

Francisco Vázquez Ramudo, nado en Ferrol en 1917 e finado en Viveiro o 6 de xaneiro de 2005,[1] foi un profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Químicas. Foi director da academia Minerva de Viveiro. Foi nomeado membro da Comisión Xestora de Viveiro e terceiro tenente alcalde en 1944.[2] Delegado local de Información e Turismo nos anos cincuenta,[3] foi nomeado alcalde de Viveiro en outubro de 1957.[4] Foi nomeado deputado provincial en 1958.[5] Cesou como alcalde en abril de 1963.[6] Foi profesor de Física e Química no IES María Sarmiento de Viveiro, e na Escola de Mestría Industrial da Coruña,[7]


Predecesor:
Alberto Michelena Rebellón
 
Alcalde de Viveiro
 
1957 - 1963
Sucesor:
Eduardo Lamela Fernández

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Luz Pozo Garza o 1 de maio de 1944,[8] e foi pai de Gonzalo, Mónica e Luz Vázquez Pozo. Divorciáronse a comezos dos anos 80.

  1. "Inhumados los restos de Francisco Vázquez, ex alcalde de Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán). 7/1/2005. 
  2. El Progreso ,7-3-1943, p. 2.
  3. El Progreso, 30-11-1955, p. 5.
  4. El Progreso, 23-11-1957, p. 5.
  5. El Progreso, 1-4-1958, p. 4.
  6. El Pueblo Gallego, 30-4-1963, p. 4.
  7. La Voz de Galicia, A Mariña, 7-1-2005, p. 3.
  8. El Progreso, 4-5-1944, p. 2.