Francisco Cebreiro Barros
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de outubro de 1897 Ferrol, España |
| Morte | 29 de xuño de 1977 Neda, España |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
Francisco Cebreiro Barros, nado en Ferrol o 27 de outubro de 1897 e finado en Neda o 29 de xullo de 1977, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1923. Médico de Neda, onde era coñecido como o "médico dos pobres" e como "Don Paco da Merced" pois residía no Pazo da Merced. Na República foi elixido concelleiro de Neda en 1931 e pertenceu a directiva de Izquierda Republicana de Neda. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado uns meses no castelo de San Filipe. Nos anos corenta curou a varios guerrilleiros antifranquistas feridos e facilitoulles medicamentos, tamén os aloxou no pazo e chegou a impartirlles cursos de primeiros auxilios. Foi detido por iso. Foi alcalde de Neda na República[cando?] Finou en Neda o 29 de xullo de 1977.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Dedicáronlle unha rúa en Neda, que deu nome ao lugar de Médico Cebreiro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Anelia Cachafeiro Riveiro e foi pai de Eduardo Cebreiro Blanco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 6-3-1986, p. 24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santalla López, Manuela; Santalla Méndez, Rui (2018). O médico Cebreiro, don Paco da Mercé. ISBN 978-84-09-02875-7.
- Simón Lorda, David (2011). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (II): Médicos, Practicantes e “Maquis”: O apoio á guerrilla e aos represaliados na posguerra" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 166. Consultado o 6 de xuño de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Neda sufraga la escultura al «médico de los pobres»", artigo en La Voz de Galicia, 5 de agosto de 2002.
- Entrevista
| Predecesor: ' |
Alcalde de Neda - |
Sucesor: ' |