Francisco Barber Sánchez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1873 Zaragoza, España |
Morte | 25 de agosto de 1923 (49 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia de Barcelona | |
31 de maio de 1923 – 2 de xullo de 1923 ← Salvador Raventós Clivilles (en) – Manuel Portela Valladares → | |
Deputado das Cortes | |
17 de setembro de 1910 – 25 de agosto de 1923 Circunscrición electoral: Xinzo de Limia | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, xornalista |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Barber y Sánchez (Francisco), p.37) |
Francisco Barber Sánchez, nado en Zaragoza o 1 de decembro de 1873 e finado en Madrid o 25 de xullo de 1923, foi un avogado e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado e secretario de Eduardo Cobián Roffignac, presentouse como candidato a deputado polo distrito de Chantada nas eleccións de 1910, pero non foi elixido.[1] Foi designado deputado polo distrito de Xinzo de Limia polo artigo 29,[2] en substitución do seu xefe Eduardo Cobián que renunciou á acta por resultar elixido simultaneamente por Santa Cruz de Tenerife. Continuou sendo elixido deputado polo distrito de Xinzo de Limia nas sucesivas eleccións até 1923. Foi redactor de Heraldo de Madrid, El Imparcial e La Correspondencia de España. Foi nomeado gobernador civil de Barcelona en maio de 1923.