Saltar ao contido

Fran Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFran Estévez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm1857563 Editar o valor en Wikidata

Francisco José Estévez García nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de abril de 1980, é un director e guionista galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formou parte da primeira promoción da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia. É fundador de Hipotálamo Films, coa que en 2004 dirixiu Metamorfosis, adaptación do relato de Franz Kafka.

No 2005 colaborou na mediometraxe La Canción de Fémerlin de Manuel Pena, para a que compuxo a música pianística, ademais da montaxe en estilo de cine mudo. Realizou tamén a micrometraxe El Humanoide (2007) e a curta experimental Titanio & Plutonio (2010).[2]

No 2013, estreou Idiotas, protagonizada por un rapaz cunha discapacidade e o seu can falador que atopan uns misteriosos globos por toda a cidade de Santiago de Compostela cunha curiosa mensaxe: "Desínflame poco a poco...".[3]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Hipotálamo. Director, produtor, guionista e músico. (2002)
  • Ruido Blanco. Montador e músico. (2002)
  • Fandango. Director e montador. (2003)
  • Ipso Facto. Montador e músico. (2003)
  • Equinoccio. Director e guionista. (2003)
  • Metamorfosis. Director, guionista, montador, sonidista e músico. (2004)
  • A Canción de Fémerlin. Axudante de dirección, montador e músico. (2005)
  • El Humanoide. Director, actor (contorsionista), montador e sonidista. (2007)
  • Titanio & Plutonio. Director, actor, postprodutor e músico. (2010)
  • Idiotas. Director, produtor, escritor, postprodutor e músico. (2013)
  1. "Fran Estévez, director e guionista". TVG. 6 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015. 
  2. "Un corto sobre la felicidad". Faro de Vigo (en español). 14 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  3. Estevez, Rosa (25 de novembro de 2014). ""Idiotas" o el triunfo del cine gallego fuera de Galicia". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 6 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]