Fortaleza de Belogradchik
| Fortaleza de Belogradchik | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Belogradchik e provincia de Vidin | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A fortaleza de Belogradchik (en búlgaro: Белоградчишка крепост, Belogradchishka krepost), tamén coñecida como Kaleto (Калето, "a fortaleza", do turco kale), é unha antiga fortaleza que se atopa ós pés dos Balcáns, preto da vila de Belogradchik, en Bulgaria. A fortaleza é un dos principais atractivos turísticos e culturais da vila, e xunto coas rochas de Belogradchik son as principais atraccións da rexión.[1] É unha das construcións defensivas mellor conservadas de Bulgaria e un monumento cultural de grande importancia no país.
Os muros da fortaleza teñen 2 metros de espesor nos alicerces e chegan até os 12 m de altura. Existen tres zonas fortificados separados que están conectados entre elas a través de portas. A fortaleza ten unha área total de 10.210 metros cadrados. A fortaleza de Belogradchik foi reconstruída para converterse máis tarde nun monumento cultural proclamado. É administrado pola autoridade do museo histórico local.
Galería de imaxe
[editar | editar a fonte]-
Unha das porta de entrada
-
Plano da fortaleza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Belogradchik Attractions". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2014.
