Foro pola Memoria de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foro pola Memoria de Galicia
Tipoasociación
Data de fundaciónxaneiro de 2003
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Foro pola Memoria de Galicia é unha asociación de carácter federal que ten por obxecto recuperar e divulgar a memoria histórica de todos/as aqueles/as que loitaron contra o fascismo, o nazismo e o franquismo no territorio galego desde o golpe militar do 18 de xullo de 1936 ata a instauración da democracia, incluíndo o período denominado da transición democrática.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

O presidente da asociación, con data de xaneiro de 2003 expresa os obxectivos que pretenden acadar co seu labor:

Foro pola Memoria é unha organización que nace, dende unha perspectiva claramente vinculada á esquerda, pero aberta a tódalas persoas de boa fe, coa firme convicción de loitar contra o esquecemento dos perdedores, pola defensa da súa dignidade, pero sen ánimo de revancha, mirando cara ao futuro, buscando a incorporación das esencias vitais e dos principios políticos e éticos que fixeron nacer á esquerda, ás loitas actuais. Mediante a localización, sinalización e escavación de fosas comúns para devolver os restos mortais dos caídos ás familias que así o desexen, a axuda e o recoñecemento a expresos, represaliados, exiliados, excombatentes, exguerrilleiros e aos seus familiares, así como a organización de actos de divulgación e homenaxes a tódolos que sufriron como consecuencia do alzamento fascista do 18 de xullo de 1936, propoñémonos recuperar esta memoria co obxectivo de chegar á verdade do ocorrido e que a nosa sociedade poida mirar ao futuro sen complexos e sen máis mentiras.
Foro pola Memoria é unha aposta pola construción dun futuro de paz e respecto aos dereitos humanos apoiándose na memoria dos que loitaron por estes mesmos principios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]