Fonte arqueolóxica
Aparencia
Fonte arqueolóxica é a fonte documental que serve para reconstruír a historia ata en períodos ou lugares no que non hai fontes escritas para facelo. Tamén se empregan aínda que haxa fontes escritas (Exiptoloxía, Arqueoloxía industrial). As fontes arqueolóxicas son as que reconstrúen a cultura material, que é o obxecto de estudo da arqueoloxía.
Poden enumerarse como exemplo deste tipo de fontes:
- restos materiais, sexan estes obxectos
- de arte,
- edificios comúns ou monumentais
- ou calquera ferramenta ou obxecto creado polo ser humano por moi insignificante que sexa,
- así como restos da actividade humana no ambiente,
- comezando pola súa propia presenza a través dos restos que deixa tralo seu paso (pegadas, desperdicios, lume, os seus propios cadáveres...)
- e seguindo por evidencias de máis calado (cambios na vexetación e usos do chan, alteracións hidrolóxicas, dos ecosistemas, climáticas...)