Folga xeral de 1972
A folga xeral de 1972 foi unha serie de protestas que tiveron lugar en Vigo. Está considerada un fito na historia galega.[1]
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
Durante o franquismo 30 000 traballadores da comarca de Vigo mobilizáronse durante dúas semanas tras o despedimento de cinco traballadores da factoría Citroên. Inicialmente, houbo seis mil despedimentos que finalmente quedaron en catrocentos[2] e centos de persoas detidas e feridas.[1]
Valoración[editar | editar a fonte]
A valoración que se fai dela é de exitosa malia os custos que tivo.[3] No documental Vigo 1972. O ano da memoria (Roi Cagiao, 2017[4]) os seus protagonistas consideran que foi un pulso importante ao franquismo, un preludio da transición política e que provocou unha mellora substancial de todos os convenios colectivos a continuación.
Na cultura xeral[editar | editar a fonte]
Ambienta a novela Todo chega desde o mar de Santiago Ferragud.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "A G2 estrea esta semana o documental 'Vigo 1972', que rememora un dos fitos galegos da loita antifranquista". www.crtvg.es. Consultado o 2021-03-09.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (15 de marzo de 2013). "La huelga general de Vigo de 1972 fue el mayor éxito histórico de la clase obrera gallega". eldiario.es (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2021.
- ↑ ""En Vigo conmemórase a Reconquista, pero non a folga de 1972, que foi un fito na cidade"". Praza Pública. 2017-09-20. Consultado o 2021-03-09.
- ↑ ""Vigo 1972" conmemora la histórica huelga tras 45 años". Faro de Vigo. Consultado o 11 de agosto do 2022.
- ↑ ""Manter Vigo paralizada dúas semanas cunha folga en 1972 demostrou ao poder o auténtico talante da sociedade"". Praza Pública. 2022-12-16. Consultado o 2022-12-17.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Román Lago, Isidro (2016). Todos con Vigoː mobilización obreira e folga xeral (1962-1972). Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo. ISBN 978-84-606-9490-8.
- VV.AA. (2022). Memoria do Vigo proletario. 50 aniversario da folga xeral de setembro de 1972. Editorial Galaxia. p. 354. ISBN 978-84-9151-927-0. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2022.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|