Foley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un artista de foley traballando

Foley, chamado así polo artista de efectos sonoros Jack Foley, é a reprodución de efectos de son cotiáns que se engaden a filmes, vídeos e outros medios durante a postprodución para mellorar a calidade sonora.[1] Estes son poden ser de calquera tipo, dende o rozamento da roupa ou as pegadas dos pés ata portas que renxen e cristais que rompen. A mellor arte de foley está tan ben integrada nun filme que o público non se decata dela.[2] Axuda a crear sentido de realidade nunha escena, e sen estes sons de fondo, os filmes sentiríanse contranaturalmente silenciosos e incómodos.

Os artistas de foley recrean os son de ambiente que o filme retrata. En ocasións os decorados ou obxectos dun filme non reaccionan acusticamente do mesmo xeito que o fan os reais[2] e os sons de fondo empréganse para mellorar a experiencia do filme. Tamén se pode empregar foley para cubrir sons non desexados gravados durante a rodaxe, como avións ou tráfico pasando.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stinson, Jim. "Real-time Sound Effects: The Foley Way." Videomaker Jul 1999 Web.10 Jul 2009". Videomaker.com. 1 de xullo de 1999. Consultado o 20 de maio de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Singer, Philip R. "Art Of Foley". Marblehead Publishing Co. Web. 1 de xullo de 2010. http://www.marblehead.net/foley

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]