Fokker V.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fokker V.1
Fokker V.1.jpg
Tipo caza
Fabricante Fokker-Flugzeugwerke
Deseñado por Reinhold Platz
Primeiro voo 1916
Construídos 1
Variantes Fokker V.2

O Fokker V.1 foi un pequeno sesquiplano experimental de caza alemán, fabricado en 1916 por Fokker-Flugzeugwerke. Foi o primeiro avión de Fokker supostamente deseñado por Reinhold Platz (os respectivos papeis xogados polo propio Fokker, Platz e posiblemente outros no deseño conceptual dos avións da compañía é matería de discusión entre os historiadores), e foi un dos primeiros experimentos de construción dun á en voadizo, eliminando os cables de reforzo típicos nos deseños da época. Isto xa o conseguira anteriormente Hugo Junkers usando materiais metálicos no seu Junkers J 1 en 1915.