Foetus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Foetus Under Glass»)
Foetus
OrixeMelbourne, Australia Australia
Período1981 - presente
Xénero(s)post-punk, música experimental, música de vangarda, música industrial
Selo(s) discográfico(s)Thirsty Ear, Some Bizarre
MembrosJ. G. Thirlwell
Artistas relacionadosPragVEC, Steroid Maximus, Manorexia, Wiseblood, Flesh Volcano, Baby Zizanie, Hydroze Plus, The Immaculate Consumptive, Lydia Lunch, The The, Coil, Nurse with Wound
Na rede
http://www.foetus.org/
MySpace: foetus Last fm: Foetus Musicbrainz: 934c6bbc-3fc4-4d4a-9280-f02856da0e12 Songkick: 428315 Discogs: 5125 Allmusic: mn0000162988 Editar o valor em Wikidata

Foetus é o principal proxecto do prioneiro da música industrial J. G. Thirlwell. Ata o ano 1995 a banda tivo varios cambios de nome, aínda que todos incluían a palabra foetus. Entre estes están Foetus Under Glass, You've Got Foetus on Your Breath e Scraping Foetus Off The Wheel. Tras 1995 o nome pasou a ser Foetus, aínda que en 1997 creouse o proxecto relacionado The Foetus Symphony Orchestra que continúa activo.

Thirlwell actúa como único instrumentista, vocalista, compositor e produtor de todos os traballos de Foetus, e polo tanto é o único membro da banda. Outros artistas poden colaborar ocasionalmente con Thirlwell, pero non son considerados membros de Foetus.

J. G. Thirlwell ten moitos proxectos paralelos, nos cales frecuentemente se lle coñece co nome de Clint Ruin. Un deses proxectos foi o grupo Wiseblood, onde traballaba co antigo membro de Swans Roli Mosimann. O seu material é máis escuro e máis sexual que as cancións de Foetus. Wiseblood existiu interrompidamente dende mediados dos 80 ata principios dos 90.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Deaf – 1981 – You've Got Foetus on Your Breath
  • Ache – 1982 – You've Got Foetus on Your Breath
  • Hole – 1984 – Scraping Foetus Off the Wheel
  • Nail – 1985 – Scraping Foetus off the Wheel
  • Thaw – 1988 – Foetus Interruptus
  • Gash – 1995 – Foetus
  • Flow – 2001 – Foetus
  • Love – 2005 – Foetus
  • Hide – 2010 – Foetus
  • Soak – 2013 – Foetus

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]