Fodiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fodiña é un xogo de cartas de orixe brasileira (Fodinha) se ben por mor dos nenos coñécese como "vidas" en Galicia e como "sodinha" no Brasil.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

A finalidade é adiviñar o número de bazas que cada xogador cre que vai realizar en cada rolda co fin de manter as súas vidas e non ser eliminado.

A baralla e os xogadores[editar | editar a fonte]

Pode ser xogado entre 2 e 7 xogadores, aínda que se recomenda que o número de participantes sexa igual ou superior a 4 .Pode xogarse coa baralla española ou coa francesa eliminando os 8, 9 e 10, de xeito que as barallas restantes sexan 40. En Galicia a carta de máis valor adoita ser o rei ou K, e a de menor valor o As. Porén, no Brasil a orde de cartas de menor a maior valor é: 4-5-6-7-Q-J-K-A-2-3

O xogo[editar | editar a fonte]

O xogo inicia cunha persoa que baralla as cartas e reparte unha carta a cada xogador. Após esta rolda, o xogador da súa dereita, baralla e reparte 2 cartas, Isto repétese até que se atinxa o número máximo de cartas posibles na man dos xogadores. Ao atinxir o máximo, volve ser distribuída só unha carta.

Ao recibir cadansúa carta, cada xogador debe ollala. Despois, o xogador da dereita do repatidor intenta adiviñar o número de bazas que vai levar ao final da rolda. Despois del, o participante da súa dereita, e así sucesivamente. A suma total das bazas que cren que van levar todos os xogadores nunha rolda non pode ser igual ao número de cartas na man dos xogadores, co fin de asegurar que ao final da rolda, algún xogador erre na súa predición. Vexamos un exemplo nun caso de 4 xogadores nunha rolda de 3 cartas na man.[1]

Predición
Xogador/a 1 1
Xogador/a 2 0
Xogador/a 3 1
Xogador/a 4 ≠1
Suma ≠3

Nas roldas nas que o número de cartas na man do xogador for "1", este non pode mirar a súa propia carta. Debe colocar a carta na súa testa de xeito que o resto dos xogadores poidan vela e así intentar predicir se fan ou non esa baza. Nesta rolda, a suma total das bazas si pode ser igual ao número de cartas na man.

Ao final de cada rolda, o valor da diferenza entre o resultado dun xogador coa súa predición, convértese no número de vidas que lle é restado a cada xogador.

Cartas co mesmo valor[editar | editar a fonte]

Aquí observamos unha diferenza entre a modalidade galega e a brasileira. En Galicia se dúas ou máis cartas son repetidas, a carta botada máis tarde será a que gañe por riba das outras. Non obstante no Brasil, cando coinciden dúas cartas do mesmo valor, estas dúas cartas son anuladas. Vexamos un exemplo para entender a diferenza entre estas modalidades (en letra grosa a carta que comeza a quenda).

Quenda na modalidade
galega
Quenda na modalidade
brasileira
Carta do/a xogador/a 1 5 5
Carta do/a xogador/a 2 4 4
Carta do/a xogador/a 3 Q Q
Carta do/a xogador/a 4 Q Q
Gañador/a Xogador/a 4 Xogador/a 1

Perda de vidas[editar | editar a fonte]

Como dixemos antes, o valor absoluto da diferenza entre o resultado prognosticado e o real descóntase das vidas do xogador en cuestión. O número de vidas de cada xogador debe acordarse ao comezo de cada partida. Con todo, o número de vidas adoitan ser 3 ou, sobre todo, 5. O xogador que perda todas as súas vidas, queda eliminado e perde o dereito a seguir xogando. Vexamos un exemplo dunha rolda de 3 cartas con 4 xogadores na modalidade galega (en letra grosa a carta botada polo xogador que empeza o Quenda).[2]

Predición Quenda 1 Quenda 2 Quenda 3 Bazas
gañadas
Vidas
perdidas
Xogador/a 1 1 Carta do/a xogador/a 1 3 J K Xogador/a 1 2 1
Xogador/a 2 0 Carta do/a xogador/a 2 2 4 7 Xogador/a 2 0 0
Xogador/a 3 1 Carta do/a xogador/a 3 1 Q K Xogador/a 3 1 0
Xogador/a 4 0 Carta do/a xogador/a 4 2 5 Q Xogador/a 4 0 0
Suma 2 Gañador/a Xogador/a 1 Xogador/a 3 Xogador/a 1 Total 3 1

Variacións[editar | editar a fonte]

Hai unha versión deste xogo na cal, no canto de comezar cunha carta na primeira rolda, 2 na segunda e así; empézase con 5 cartas na primeira rolda, 4 na segunda, 3 na terceira, 2 na cuarta, 1 na quinta, 5 na sexta, 4 na sétima... e así sucesivamente.

Notas[editar | editar a fonte]