Focke-Wulf Fw 47

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Focke-Wulf Fw 47
Tipoavión meteorolóxico
FabricanteFocke-Wulf
Deseñado porWilhelm Bansemir
Primeiro vooxuño de 1931
Introducidodecembro de 1932
Unidades construídas36

O Focke-Wulf Fw 47 Höhengeier ("voitre"), coñecido internamente en Focke-Wulf como o A 47, foi un avión meteorolóxico desenvolvido en Alemaña en 1931. Era un monoplano coa á en parasol de deseño convencional, infrecuente só pola súa grande superficie. Probado por vez primeira polo Reichsverband der Deutschen Luftfahrtindustrie (Federación Nacional da Industria Aeroespacial Alemá) e posteriormente pola estación meteorolóxica de Hamburgo, o avión entrou en produción para equipar a dez grandes estacións de toda Alemaña.

Variantes[editar | editar a fonte]

  • A 47a - prototipo con motor Argus As 10.
  • Fw 47C - versión de produción con motor Argus As 10C,
  • Fw 47D - versión de produción con motor Argus As 10D.
  • Fw 47E - versión de produción con motor Argus As 10E.