Florentino Pereira Miguez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Florentino Pereira Miguez | |
---|---|
Nacemento | 1888 |
Redondela | |
Falecemento | 1969 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Florentino Pereira Miguez, nado en Redondela en 1888 e finado no mesmo concello en setembro de 1969[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procurador dos tribunais. Na Segunda República foi membro do Partido Radical. Presentouse ás eleccións municipais de maio de 1933, obtendo só 62 votos. En xaneiro de 1935 foi elixido Vicesecretario do Centro Radical. O 3 de xaneiro de 1936 foi elixido alcalde de Redondela, cesando no cargo logo da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias.
Predecesor: Buenhijo Pérez Sobrino |
![]() Alcalde de Redondela 1936 |
Sucesor: Serafín Dacosta Pazo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Noticia en El Pueblo Gallego, 6-9-1969, p. 19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. p. 301. ISBN 84-8485-090-0.