Flood (Internet)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Flood é unha palabra inglesa que quere dicir, literalmente, "inundación" ou "afogo". Cando empregamos esta palabra nun tema ou nunha temática do ámbito informático, referímonos a unha repetición sistémica e desmesurada dalgunha mensaxe á rede nun curto período de tempo.

Hai varias definicións do que poderiamos entender como flood. Normalmente aplícase ao envío constante, en masa, e nun tempo relativamente curto, de información a unha persoa para conseguir a saturación e que, á hora de responder, supere o límite do servidor, e este o expulse.

Na actualidade, non obstante, acostúmase a facer emprego desta palabra referida a un foro. Facer flood nun foro, significa escribir mensaxes seguido, dunha maneira repetitiva. Adóitase facer co fin de conseguir aumentar o número de mensaxes escritas que ten cada persoa nun foro, pero tamén é habitual que os usuarios inexpertos e principiantes fagan flood sen se decatar.

Podemos tamén denominar flood todas aquelas mensaxes que non teñen nada que ver co tema tratado ou que se fosen desviando. Isto é bastante habitual, sobre todo nos foros de discusión, onde dun tema se salta para outro.